---
title: "Acerca de nós"
description: "Acerca de nós. Dornavela Edicións naceu co desexo de navegar en mares de ideas e de letras; un océano de páxinas que se abren e baten ao ritmo compasado das ondas. Trátase dunha travesía concibida par..."
url: https://prueba.dornavelaedicions.gal/about-me/
date: 2017-12-13
modified: 2026-10-29
author: "Novido"
type: page
lang: gl
---

# Acerca de nós

![](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2026/10/2026-10-03_11-11-16_Lumina-1.gif)

# Acerca de nós

**Dornavela Edicións** naceu co desexo de navegar en mares de ideas e de letras; un océano de páxinas que se abren e baten ao ritmo compasado das ondas. Trátase dunha travesía concibida para navegar en soidade ou en compaña, tanto se o mar permanece calmo coma se arrecía a maior das galernas, co obxectivo firme de compartir a experiencia pura da lectura.

O proxecto xorde das inquedanzas de tres persoas fondamente vinculadas ao tempo de lecer, á maxia dos relatos que nos contaban as nosas avoas e avós, e á ilusión das historias que acompañan a nosa rapazada. Somos un selo editorial inclusivo e colaborativo, un espazo onde todas e todos teñen cabida e onde cada libro medra e colle forma grazas ás vosas propias achegas.

E como a nosa familia non deixa de medrar, as nosas aspiracións evolucionan con ela. Por iso, Dornavela non se limita ao papel: ofrecemos múltiples actividades culturais para promover a lectura e os xogos de mesa entre nenas e nenos, mozas e mozos e maiores. Seguimos tecendo historias e lendas alá onde haxa ouvidos dispostos a escoitar, e xogamos coas personaxes da literatura infantil e xuvenil en bibliotecas, colexios e espazos públicos. Porque a nosa viaxe continúa en cada lector.

[![](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/IMG-20200309-WA0003-150x150.jpg)](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/IMG-20200309-WA0003.jpg)

[![](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/breixo2-150x150.jpg)](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/breixo2.jpg)

[![](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/P10521-193709-150x150.jpg)](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/P10521-193709-scaled.jpg)

[![](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/2f8dad3e-49de-4400-8b5b-30f74de1c12f-150x150.jpg)](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/2f8dad3e-49de-4400-8b5b-30f74de1c12f.jpg)

[![](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/Rula-2-150x150.jpg)](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/Rula-2.jpg)

[![Obradoiro Dornavela](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/P10521-185133-150x150.jpg)](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/P10521-185133-scaled.jpg)

[![](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/IMG-20171113-WA0004-150x150.jpg)](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/IMG-20171113-WA0004.jpg)

[![](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/IMG-20200308-WA0004-150x150.jpg)](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/IMG-20200308-WA0004.jpg)

## A Familia

[![](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/logo_mesquiteira-826x1024.png)](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/logo_mesquiteira.png)

[![](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/mancuco-animacion-400-266x300.jpg)](https://mancucoanimacion.com/)

[![](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/anoando_subtitulo-1024x469.jpg)](http://www.etlanoando.blogspot.com)

[![](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/FORMIGHEIRO.png)](https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2022/11/FORMIGHEIRO.png)
