---
title: "HISTORIA DUNHA ÁRBORE"
description: "Para contribuír á maxia do Nadal, Dornavela Edicións crea o I Concurso de Relatos Breves de esta festividade chamado HISTORIA DUNHA ÁRBORE. Para participar é moi sinxelo, hai que escoller un dos adorn..."
url: https://prueba.dornavelaedicions.gal/historia-dunha-arbore/
date: 2023-11-03
modified: 2026-09-16
author: "Novido"
image: https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2023/11/cartel-1.jpg
categories: ["Uncategorized"]
tags: ["Actividades", "Concurso de Relatos", "DORNAVELA EDICIÓNS", "Novas"]
type: post
lang: gl
---

# HISTORIA DUNHA ÁRBORE

**Para contribuír á maxia do Nadal, Dornavela Edicións crea o I Concurso de Relatos Breves de esta festividade chamado HISTORIA DUNHA ÁRBORE. Para participar é moi sinxelo, hai que escoller un dos adornos da árbore que puxemos na casa e contar unha historia relacionada co mesmo.** **O relato debe cumprir as seguintes bases.**

**PARTICIPANTES
O concurso diríxese ó público infantil, xuvenil e adulto. Para iso creamos tres categorías: categoría infantil: de 3 a 10 anos (as nenas e nenos que non saiban escribir poden ter axuda por parte da familia ou da mestra/ mestre); categoría xuvenil: de 11 a 17 anos; e categoría adulta: de 18 anos en diante.Cada participante pode presentar un máximo de dúas obras.**
**Cada participante pode presentar un máximo de dúas obras.**

**OBRAS:**
– **A temática das obras presentadas terá relación con un dos adornos da propia árbore de Nadal.**
– **As obras deberán ser orixinais e inéditas.**
– **O idioma empregado será o galego.**
– **A entrega da obra farase en formato dixital a través do correo electrónico correo@dornavelaedicions.gal**
– **A extensión da obra terá un máximo de 1 folla coas seguintes características: tipo de letra, Arial 12; interliñado de 1,5; marxes de 2,5cm.**
– **O relato debe conter o título e o nome da persoa participante.**
– **Cada obra achegará a foto ou a ilustración do adorno no que está baseado a historia.**
– **Tamén se achegará un documento cos datos persoais: nome completo, DNI, teléfono de contacto, enderezo electrónico e título da obra.**

**O prazo de presentación de relatos comeza o 1 de novembro e finaliza o 3 de decembro (ambos incluídos).**

**XURADO:
– A selección dos relatos gañadores será realizada polas coordinadoras e coordinadores de Dornavela Edicións.
– Estas persoas non poderán presentarse ó concurso.
– Os coordinadores poderán declarar deserto o premio por non cumprir as condicións establecidas das bases.
– Os coordinadores resolverán as incidencias que se poidan ocasionar ao longo da convocatoria con obxectividade e transparencia. Ademais, comprométense a non difundir, transmitir ou revelar a terceiras persoas calquera información en interese en relación cos proxectos presentados.**

**CRITERIOS DE VALORACIÓN: a selección dos relatos levarase a cabo conforme ós principios de transparencia, obxectividade, igualdade, coherencia e non discriminación. Os criterios de valoración serán os seguintes: orixinalidade dos relatos, o uso correcto e rico da linguaxe, e a calidade narrativa.**

**PROCEDEMENTO DA SELECCIÓN E RESOLUCIÓN: as/os gañadoras/es anunciaranse o 18 de decembro por coreo electrónico, Facebook e Instagram. O premio entregarase de forma presencial (data por concretar).**

**OBSEQUIO:** **O premio será unha cesta de Nadal que contén obras literarias de Dornavela Edicións e produtos gastronómicos. Tamén se fará a entrega de un diploma acreditativo.** **As 5 mellores obras de cada categoría, que cumpran coas normas establecidas, recolleranse dentro de un libro EDITADO POR Dornavela Edicións que levará por título *HISTORIA DUNHA ÁRBORE*.**
