---
title: "LANZAMENTO DA WEB DE DORNAVELA EDICIONS"
description: "Por fin chegou ese ansiado día en que podemos presentarvos a nosa web, a web de Dornavela edicións, un espazo que iremos creando entre todos, cas nosas novidades, actividades, eventos... pero tamén co..."
url: https://prueba.dornavelaedicions.gal/jkasjflkajsklf/
date: 2022-11-04
modified: 2026-09-24
author: "Novido"
image: https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2026/09/cabe_11zon.webp
categories: ["Novas"]
tags: ["Novas"]
type: post
lang: gl
---

# LANZAMENTO DA WEB DE DORNAVELA EDICIONS

Por fin chegou ese ansiado día en que podemos presentarvos a nosa web, a web de Dornavela edicións, un espazo que iremos creando entre todos, cas nosas novidades, actividades, eventos… pero tamén coas vosas aportacións e colaboración.

Nesta web podedes atopar os nosos libros vellos e novos pero tamén moitas outras cousas, produtos diferentes coma o xogo de rol de mitoloxía galega cas fichas correspondentes a cada un dos seres mitolóxicos que forman parte do xogo, ou coma os novos produtos que tempos no forno a punto de saír.

E nesta web tamén nos podedes atopar a nós e á nosa “familia”, a todo o grupo de persoas que, dun xeito ou de outro, facemos que esta editorial tire para adiante como parte dunha comunidade de persoas vencelladas ao noso país, á nosa cultura e á nosa xente.

Vente a algunha das nosas actividades para coñecernos e coñecer a editorial. E se tes algunha proposta non dubides en facérnola chegar!
