---
title: "PRESENTACION DE “MITOGALI, GALICIA MÍTICA” NO RESTAURANTE KRATOS"
description: "Nova presentación do xogo de rol e o ficheiro Galicia mítica no Restaurante Kratos de Brión. Data: sábado 26 de novembro de 2022 ás 12 da mañá. Entrada: libre ata cubrir aforo, de 12 anos en diante. P..."
url: https://prueba.dornavelaedicions.gal/presentacion-de-mitogali-galicia-mitica-no-kratos/
date: 2022-11-09
modified: 2026-09-17
author: "Novido"
image: https://prueba.dornavelaedicions.gal/wp-content/uploads/2023/04/IMG_20230428_112259-scaled.jpg
categories: ["Actividades"]
tags: ["Actividades"]
type: post
lang: gl
---

# PRESENTACION DE “MITOGALI, GALICIA MÍTICA” NO RESTAURANTE KRATOS

Nova presentación do xogo de rol e o ficheiro Galicia mítica no Restaurante Kratos de Brión.

> Data: sábado 26 de novembro de 2022 ás 12 da mañáEntrada: libre ata cubrir aforo, de 12 anos en diantePrezo: gratuíto

Vén botar unha partida sen ningún compromiso. Agradecemos calquera aportación que poidas facer para mellorar o xogo e/ou as fichas das personaxes.

A meiga, o nubeiro, a moura, a xacia, a lamia, o urco, o sacaúntos, as pupieiriñas, o trasno, o tardo, a raposa do ar, a lavandeira… estarán agardando por ti

> Restaurante KratosAvenida de Noia nº7. Os Anxeles. Brión

Agardamos por ti!!
