Dornavela Edicións

Acerca de nós

Dornavela Edicións naceu co desexo de navegar en mares de ideas e de letras; un océano de páxinas que se abren e baten ao ritmo compasado das ondas. Trátase dunha travesía concibida para navegar en soidade ou en compaña, tanto se o mar permanece calmo coma se arrecía a maior das galernas, co obxectivo firme de compartir a experiencia pura da lectura.

O proxecto xorde das inquedanzas de tres persoas fondamente vinculadas ao tempo de lecer, á maxia dos relatos que nos contaban as nosas avoas e avós, e á ilusión das historias que acompañan a nosa rapazada. Somos un selo editorial inclusivo e colaborativo, un espazo onde todas e todos teñen cabida e onde cada libro medra e colle forma grazas ás vosas propias achegas.

E como a nosa familia non deixa de medrar, as nosas aspiracións evolucionan con ela. Por iso, Dornavela non se limita ao papel: ofrecemos múltiples actividades culturais para promover a lectura e os xogos de mesa entre nenas e nenos, mozas e mozos e maiores. Seguimos tecendo historias e lendas alá onde haxa ouvidos dispostos a escoitar, e xogamos coas personaxes da literatura infantil e xuvenil en bibliotecas, colexios e espazos públicos. Porque a nosa viaxe continúa en cada lector.

A Familia